top of page
Formación clásica

Fabrica de Sons conta con profesores especializados na preparación das probas de acceso a Conservatorios. Ademais,  o centro é un gran apoio para estudantes de música en materia de linguaxe musical ou  armonía clásica que precisen dun estudo intensivo ou maior dedicación.

rockschool.jpg
Formación moderna

En canto a formación moderna, Fábrica de Sons ofrece unha programación seguindo a metodoloxía de Rockschool, unha entidade de gran recoñecemento internacional na que o alumnado aprende mediante a performance do seu instrumento. É unha aprendizaxe centrada na práctica e na interpretación, na procura acadar a interpretación dos distintos xéneros da música moderna, enxalzando as particularidades de cada intérprete.

instrumentos.jpg
Formación personalizada

Fabrica de Sons antepón os intereses do alumnado e adáptase ás individualidades de cada alumno, xa que moitos entenden a música coma unha actividade de ocio. Créanse programas personalizados en función das necesidades específicas de cada alumno, tendo en conta as súas aspiracións, os seus obxectivos e mantendo como principal finalidade a comprensión da materia e o desfrute dela.

logofabrica.jpg

HORARIO DE APERTURA

Luns-Venres

10:00 - 14:00 H

 

15:00 - 22:00 H

Sábados 9:00 a 14:00 H

DIRECIÓN

R/ Paxariños, 43 Baixo - Lugo 

Tel: 982 80 19 76
info@fabricadesons.es

  • Facebook Basic Black
  • Instagram Basic Black

© 2023 por Pequeños Talentos. Creado con Wix.com

bottom of page