top of page
fotofabricadospoprtada2.jpg

Información

A escola Fabrica de Sons supuxo un novo espazo para o ensino musical en Lugo dende a súa fundación no ano 2002.
A nosa  experiencia como músicos e profesores permitiunos desenvolver un concepto moderno, dinámico e atractivo para a aprendizaxe de calquer instrumento. Fabrica de Sons foi o primeiro centro en introducir a titulación de Rockschool en Lugo, unha prestixiosa organización examinadora establecida no Reino Unido en 1992. Con esta metodoloxía de estudo, a achega á música moderna é eficaz e obténse unha titulación recoñecida en Europa.

Fabrica de Sons tamén realiza unha labor de dinamización cultural organizando eventos entre os que destacan especialmente as clases maxistrais impartidas durante o Festival de Jazz de Lugo. Nestas clases, músicos recoñecidos a nivel internacional explican a súa maneira de traballar ofrecendo unha oportunidade privilexiada a outros músicos, estudantes e amantes da música.  Para estas clases contouse coa participación de grandes referentes coma Victor Bailey, Brian Charette, Greg Stewart, Josh Dion, Geoff Kraly, Celia Mur, Cristina Mora ou Monica de Nut.

Ademais das clases maxistrais, o centro organiza Jam Sessions en colaboración co Club Clavicémbalo  e o Jagger Lounge, un espectáculo de música en directo no cal o alumnado da escuela pone a proba os coñecementos adquiridos, xuntándose con músicos da escena local lucense, profesionais e aficionados.

R/  Paxariños, 43 | 27002 | Lugo| info@fabricadesons.es

Tel: 982-80-19-76

En breve contactaremos contigo

bottom of page