Escuela de música - Lugo
 

Si quieres recibir por email todas las noticias relacionadas con la escuela, rellene el formulario abajo.
(siempre puedes darte de baja)
 
 
ACORDEON BAJO ELECTRICO BATERIA CANTO CONTRABAJO GAITA FLAUTA GUITARRA ELECTRICA GUITARRA CLASICA INFORMATICA MUSICAL PERCUSION PIANO CLASICO/MODERNO VIOLIN SAXOFON TAMBORIL TROMPETA DANZA CLASICA Y MODERNA BAILE LATINO
C/ Paxariños, 43 Bajo - Lugo - Telf. 982 80 19 76 Ir a la página principalContacto
  Área de Danza
 

CURSO DE BAILE
RITMOS LATINOS
NIVEL INICIACIÓN


PROGRAMA:

1. Introducción

Dende hai algúns anos a música latinoamericana ten unha circulación e
proxección mundial sen precedentes. Salsa, merengue, tango, samba, bachata,
mambo, etc son algúns dos ritmos latinos de exportación que se difunden en
festas e discotecas de todo o mundo. Según expertos músicos e bailaríns, é casi
imposible resistirse á alegría, a sensualidade, a calidez e o cúmulo de
sentimentos que expresan os ritmos latinos.
A música latinoamericana provén da interacción de tradicións de
músicas europeas, africanas e dos pobos indíxenas americanos, por iso
podemos disfrutar de tanta riqueza nos seus diferentes ritmos.
2. Xustificación:
A expresión corporal baseada nun traballo de ritmo e baile consegue que
as persoas aprendan a coñecer e comprender os aspectos básicos do
funcionamiento do propio corpo. Favorecendo a súa relación co resto de
compañeiros mellorando a interacción e habilidades sociais, á vez que melloran
o seu autoconcepto, actitude e creatividade corporal.
Bailando desenvólvense á súa vez diferentes cualidades e habilidades
motrices, como son a resistencia, flexibilidade, axilidade ou coordinación que
están presentes en tódalas sesións de baile.
3. Elementos curriculares
3.1. Obxectivos
a. Identificar o ritmo do merengue, bachata e salsa e
seguilos detectando o pulso, tempo, acento e frases musicais.
b. Coñecer e executar correctamente elementos básicos do
merengue, bachata e salsa, en pasos libres e en parella.
c. Crear novos pasos e figuras por parellas.
d. Aceptar e valorar de forma positiva os cambios de
parella e de rol.
e. Superar o medo ó ridículo e mellorar a adaptación ó
grupo eliminando inhibicións persoais.
f. Divertirse bailando.
3.2. Contidos
3.2.1. Conceptuais
Ritmo: pulso, tempo e acento.
Frases musicais.
A salsa: evolución e fundamentos técnicos.
O merengue: evolución e fundamentos técnicos.
A bachata: evolución e fundamentos técnicos.
3.2.1. Técnicos
Interpretación musical aplicada ós bailes latinos.
Fundamentos técnicos do baile en parella.
Fundamentos técnicos do merengue, bachata e salsa en
tempo 1.
Desprazamentos e xiros.
Figuras en parella a ritmo de merengue, bachata e salsa.
Pasos libres a ritmo de salsa.
Improvisación libre a ritmo de merengue, bachata e salsa.
Improvisación en parella a ritmo de merengue, bachata e
salsa.
3.2.3. Procedimentais
Execución de movementos con diferentes partes
corporais seguindo o ritmo, o pulso e a frase musical.
Execución de paso básico, pasos libres, xiros en 1 e
en 2 tempos.
Elaboración de novos pasos.
Imitación de distintos pasos e xiros.
Improvisación en parella a ritmo de merengue,
bachata e salsa.
3.2.4. Actitudinais
Respeto hacia os compañeiros e compañeiras.
Cooperación, creatividade e dimensión artística na
práctica.
Concentración no traballo en equipo.
Desinhibición para bailar e expresarse.
Valoración do baile como medio de expresión.
3.3. Competencias básicas
Coa realización desta unidade didáctica contribúese á consecución
das competencias básicas da seguinte forma:
a. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo
físico: o baile aporta coñecementos asociados ó ritmo e á
coordinación, así como un coñecemento e uso do espacio
circundante.
b. Competencia social e cidadá: o traballo con diferentes
compañeiros e compañeiras, bailando con diferentes parellas,
favorece o respeto e a cooperación entre as persoas.
c. Autonomía e iniciativa persoal: a persoa que baila é a
protagonista das súas propias invencións rítmicas, enfrentándose
a situacións que requieren autosuperación e aceptación das
posibilidades e limitacións de si mesmo, dos demáis, e dos medios
físicos e ambientais.
d. Competencia artística e cultural: os ritmos latinos
posúen en si mesmos unha natureza artística e cultural que
precisa que as persoas coñezan e traballen sobre ela de forma
creativa e artística.
e. Competencia para aprender a aprender: mediante a
realización de modelos de diferentes xiros e pasos de baile,
preténdese estimular ás persoas para que, mediante unha
progresión lóxica sexan capaces de desenvolver novos pasos por
si mesmos, desenvolvendo á súa vez habilidades para o traballo
en grupo.
f. Competencia lingüística: novo vocabulario relacionado
cos diferentes bailes e ritmos, como son os xiros, tempo, pulso,
frase musical, etc…
g. Tratamento da información e competencia dixital:
usando internet e outras ferramentas para profundizar nos
coñecementos da salsa, a bachata e o merengue.
3.4. Metodoloxía
A metodoloxía será en todo momento participativa, fomentado a
creatividade e a implicación dos participantes no proceso de
aprendizaxe, e a súa independencia para continuar ampliando os seus
coñecementos fóra das sesións de clase.
Nun primeiro momento, o profesor presenta os contidos descritos
e proporciona as bases para a adecuada percepción dos bailes mediante a
explicación e execución técnica dos pasos.
A estratexia de ensinanza será global en todo o proceso,
empregando soamente a estratexia analítica en casos puntuais que sexan
requeridos para a exemplificación e exposición dalgún paso ou xiro.
O docente terá en conta certos aspectos dentro da metodoloxía
como son os cambios de parellas, cambio de rol na parella, elección
adecuada da música, e o emprego dunha metodoloxía lúdica que motive
aínda máis ós participantes.
De forma transversal implicarase ós participantes para que
recollan información pola súa conta, a través de internet principalmente,
ou outros medios á súa disposición, acerca da orixe e evolución dos
diferentes ritmos latinos, para compartila logo con toda a clase e
elaboraremos á fin do curso un dossier con toda a información aportada
por cada un deles.
3.6. Avaliación
Contemplaránse tres momentos da avaliación:
Avaliación inicial: dende a primera sesión emprégase a
metodoloxía observacional para comprobar o nivel inicial e o
punto de partida no coñecemento do alumnado respecto ós ritmos
latinos, e valorar o seu nivel de coordinación e axilidade.
Avaliación continua: mediante a utilización da metodoloxía
observacional evaluaremos os coñecementos, procedementos e a
actitude dos participantes durante todo o proceso coa intención de
poder intervir nalgún momento para corrixir errores na execución
dos exercicios.
Avaliación final: mediante a realización, nunha parte da
última sesión, dun exercicio onde os participantes bailan e
practican o aprendido durante o curso en forma de coreografía,
por unha parte, e improvisación libre, por outra parte.
Os instrumentos e ferramentas de avaliación serán: plantilla de
observación, ficha de traballo, dossier sobre orixe e evolución dos ritmos
latinos, e ficha de autoavaliación.

Ficha de avaliación a realizar polos participantes e entregar á fin
do curso:

Ficha de Autoevaluación

Nome: _____________________________________Data: _________
1. Reflexión persoal sobre a túa experiencia co baile e os ritmos latinos.
2. Aspectos que máis y que menos valoras das sesións realizadas.
3. Valoración dos pasos que aprendidos e os inventados por ti.
4. Suxestións para un mellor aproveitamento das sesións de baile.
5. ¿Como avaliarías a túa participación no curso? ¿Por qué?
3.7. Atención á diversidade
A diversidade dos participantes que nos podemos atopar no curso
fai que sexan imprevisibles as adaptacións específicas a cada problema, e
por isto, expoñemos a modo de exemplo algunhas pautas a contemplar
cos participantes que teñan dificultades para acadar os obxectivos
propostos neste curso, xa que a propia natureza do curso non require
grandes destrezas físicas.
Para persoas con problemas de motricidade:
Realizar os pasos más sinxelos adaptando os seus
movementos no posible ás frases musicais.
Empregar a parellas con maior nivel para favorecer a
autoaprendizaxe.
9
4. Temporalización.
O curso ten unha duración de nove meses, e se desenvolve nos meses
dende Outubro ata Xuño, cunha sesión semanal; en total se desenvolven
aproximadamente 40 sesións. Cada sesión ten unha duración aproximada de 90
min. Polo tanto, o curso ten unha duración total de 60 horas.
En cada unha das sesións adicaranse os dez minutos iniciais á
realización dun quecemento con exercicios de movilidade articular e
desplazamentos polo espacio.
Á fin de cada sesión adicaranse outros dez minutos para a realización de
estiramentos como volta á calma e relaxación, durante os cales se reflexionará
co alumnado sobre os contidos e desenvolvemento das sesións.